A NAVE: UNHA HISTORIA ESTRAFALARIA

Aínda que á simple vista puidese parecer un Buque de Vapor de rodas Transoceánico do 1850, trátase do célebre brulote boiante cartaxinés rescatado dun estaleiro siciliano despóis de sobrevivir ás devastadoras guerras púnicas aló polo século III a.C
Este tipo de embarcacións cargadas con material explosivo destinábanse a incendiar, atacando por sorpresa, os buques inimigos fondeados ou a destruír as obras dos portos e as pontes tendidas sobre os ríos.

Tras dun longo e minucioso traballo de restauración, o brulote agora acoirazado asiste a súa segunda botadura, volvendo a sucar os mares tan boiante coma o primeiro día.

Máis de dous mil anos despóis se enfronta a unha importantísima misión.
A nave estrafalaria debe impedir á flota Lignorance, que ten o propósito de atrosmar á poboación mundial con sofisticadas armas de alienación masiva, levar a cabo o seu maléfico plan.

 
 
fondo a nave web.jpg

DOTACIÓN

INTENDENCIA:

 
lines intendenciaweb.jpg

LINES g.g

Mestra radiotelegrafista e oficial de segunda.
Encárgase de que o estado do barco sexa óptimo antes de partir. Ademais, supervisa os sistemas de comunicación externa do barco. Tamén elabora derrotas e corrixe cartas.

antonioweb.jpg

Lara Manzano

Contramestra faroleira, calafate e oficial de terceira.
Mentres dirixe a mariñeiría arranxa cristais e vidreiras de cámaras e camarotes, de farois de firme e de todos os servizos do navío. Ademais encárgase de reencher as xuntas rotas do casco con estopa e brea para que non entre a auga. En ocasións, realiza a garda de navegación e algunha que outra tarefa administrativa como a elaboración de manifestos.

MARIÑEIRÍA:

Duncan:maquinista

Nina:Caldeireteira

Paloma:Artilleira Lombardeira

Jessi:Toneleiro

Bobbi:Engraxador

Gabi:Grumete

Dona Urrácana:Proel

Anita:Cociñeira

Celeste:Segunda artilleira

Sushi:Gardamariña

Segundo:Señor do Castelo de proa

Parvo Polo:Ciruxano

Dióxenes:1º Polisón

Antonio:2º Polisón