Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o Príncipe das Corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rabaños de sempre nunha aldeiña ao abeiro do monte Espigo chamada Oubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente a todos os nenos e nenas, e alí onde vai leva consigo unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente. Amizade, Ledicia e Liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.

 

 DUNCAN DE PALLEIRO

 
 

UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMIZADE

WhatsApp Image 2024-02-27 at 00.58.38.jpeg

rara+avis1.jpg
rara avis2.jpg

 

Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”.

É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.

Ela, coma ninguñén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo.
“RARA AVIS” fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

 
 

nina web4.jpg
nina2.jpg

 Esta é a viaxe iniciática dunha Cabra Montesa chegada ao mundo nun lugar remoto rodeado de mar. Un bo día decide emigrar na procura dunha vida máis próspera e amable. Nina é independente, inconformista e impaciente. Tamén é algo descarada, sorprendente, fresca, fogosa, temeraria, insolente e insolvente per se. Non acerta a comprender o xeito en que se relaciona e desenvolve a nova veciñanza de dúas patas.

A pesar de todos os malogrados intentos de convivencia pacífica coa raza humana terminará por regresar á súa aprazable vida montesa despois de experimentar unha morea de extravagantes aventuras. A súa ousadía volvéuse unha Odisea digna de se compartir.

NINA Andanzas dunha Cabra Montesa

nina3.jpg

 Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar algo perdido entre as brétemas do esquezemento, se pode divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fumo pola súa torta cheminea. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que coma eles non hai outros. Son a familia Palpatore.

“O Cachopo Máxico” é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes galegos máis antigos que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais.

 

DÍOGENES

Sinópse

“Diógenes” describe unha intensa viaxe cara ó nebuloso abismo da psique.
Un singular proceso expiativo tras unha extraordinaria vivencia que confronta o ego, obrigando a unha análise das propias paixóns dende un lugar de contemplación.

O despertar da conciencia a través da consciencia…

…evoca a eterna disputa respecto ó vínculo existencial entre virtude e felicidade, e exixe levar á práctica todo o coñecemento atesourado e máis aquela sabedoría innata que busca constantemente a ledicia do ser. Dicía Sócrates que todos os seres humanos na súa esencia ansían acadar a Eudaimonía, entendida como pureza espiritual.

“Diógenes” abarca o concepto de alma partindo do hedonismo, nun intento de desvelar a arte de vivir en liberdade fronte o materialismo e as aparencias. A proeza de fraguar o propio destino dende o libre albedrío.

Esta é a fabulosa historia dun cínico do século XXI en contra dun poder arrogante que insiste en desacreditar deliberadamente os valores existenciais coma fundamento para a compresión do mundo.