LÎLÂ TeaTro somos Lines G.G e Lara Manzano, creadoras multidisciplinares que, coma tales, tocamos os distintos eidos que corresponden á produción teatral. Dramaturxia, escenografía, vestiario, iluminación, son, grafismo e interpretación nacen de nós e medran con nós. Temos predilección polo teatro coma xeito de expresión artística por consideralo unha práctica íntegra que abarca en si mesma especialidades de gran relevancia. Cremos firmemente que o teatro ten unha aptitude única para seducir, traspasar e permanecer na alma do espectador. LÎLÂ TeaTro apostamos por un xeito de facer dende o corazón.

Somos artesás, rurais e mariñeiras, tradicionais e atemporais, amigas do bo gusto e acérrimas defensoras dos animais, os vexetais, as crianzas e os maiores. No noso periplo, que comeza no ano 2013, non faltan os traballos de taller teatral, as colaboracións en diferentes festivais e asociacións, e por suposto as representacións en auditorios, escolas, mosteiros, bodegas, patios de luces, prazas, garitos e bosques. Con todo procuramos dar a coñecer de preto o noso labor artístico-teatral.

SEDUCIR, TRASPASAR E PERMANECER

 
fondo somos web.jpg
 

LÎLÀ é a filla dun tigre e un dragón
Contaba a canción do ourizo que vivía nun castiñeiro no fondo do mar

LÎLÀ é o reflexo do ceo nun espello
Un circo de luz concéntrico cun pacífico vogar
LÎ é un LA sostido por tí en clave de SOL radiante
LÂ é a nota fabulosa que se atopa entre o SOL radiante e un SI

Unha porta que se abre cara adentro para que pasen e vexan

 
fondo poema2.jpg