Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o Príncipe das Corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rabaños de sempre nunha aldeiña ao abeiro do monte Espigo chamada Oubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente a todos os nenos e nenas, e alí onde vai leva consigo unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente. Amizade, Ledicia e Liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.

 

 DUNCAN DE PALLEIRO